Hoxe vouvos falar dunha técnica fotográfica que está a medio camiño do Stop Motion ou animación, e a fotografía convencional.
O Photomotion consiste na realización dunha secuencia de fotografías que manteñen unha relación espacial e temporal correlativa, de xeito que cando se xuntan todas unha despois da outra nun vídeo, créase unha ilusión de movemento, xeralmente moi tosca.
A diferencia do Stop Motion ou Animación, o intervalo entre fotografías non é o suficientemente sutil como para facer unha animación suave e fluída, e faise evidente o salto entre cada "fotograma".
¿Como facelo?
Necesitamos unha cámara, idealmente unha réflex, pero vale calquera. Tamén un escenario polo que deambular, importante que haxa luz e que non se agreda á camara con choiva ou tormentas de area, etc... Opcionalmente utilizaremos un trípode, aída que non é absolutamente necesario.
Antes de nada temos que axustar a nosa cámara.
1- Baixamos a resolución das fotos a un tamaño manexable, como 2 ou 4 megapixels. Pensade que como se vai a transformar nun vídeo, non ten sentido que fagamos fotos máis grandes que o formato de salida. Por suposto, dependerá do proxecto que vaimaos a acometer.
2- Axustamos o balance de brancos. Hai que evitar no posible os automatismos para que non se produzan parpadeos na película. Axustamos o balance de brancos adecuado a cada espacio, e se a luz cambia ó cambiar non de posición, por exemplo ó entrar ou sair dunha habitación de cara a rúa, tentaremos cambiar o balance de brancos a man, aproveitando o momento oportuno para que o cambio non se note demasiado.
3- Recollemos o zoom ó máximo. E decir, utsaremos a distancia focal máis corta dispoñible. Iso ampliará o campo visual, facilitando disparar sen encuadrar, e fará que todo permaneza máis enfocado e trepite menos.
4- Axustaremos a cámara a un modo de prioridad, ben sexa á obturación ou á apertura.
Necesitaremos aperturas baixas para garantir fotos rápidas e non trepidadas, pero non o suficientemente baixas como para diminuir moito a profundidade de campo. Proba valores entre 4,5 e 8. Se pos a prioridade ó tempo, usa obturacións moi rápidas, por encima de 100, dependendo da luzz na escena.
5- Deixamos todo en modo manual sempre que sexa posible, incluíndo o iso, e axustamos a lectura do exposímetro a ponderado ó centro ou matricial, segundo a luz. O enfoque se é posible o fixaremos no infinito se non hai unha personaxe principal na escena.
6- Axustamos o encuadre, disparamos, avanzamos e volvemos a disparar, e así de seguido. Dispararemos a foto estando detidos, intentando sempre manter a estabilidade para non facer fotos borrosas. Dependendo da separación espacial entre foto e foto a animación será máis fluída e lenta (fotos moi próximas) ou brusca e acelerada (fotos moi distanciadas).
7- Unha vez feitas as fotos, utilizaremos un programa para convertilas en fotogramas de animación. A película debería ter unha frecuencia de entre 15 e 25 fotogramas por segundo.
Nesta galería de Vimeo hai exemplos de vídeos feitos con esta técnica.
Consellos que non debes olvidar:
Ten un plan. Non deambules sen sentido escollendo o camiño ó azar, pensa ben no recorrido e en como maximizar o impacto ou estilismo da ruta.
Proba diferentes encuadres: Podes enfocar cara adiante, como se fose a cámara o túa mirada, pero hai moitas alternativas. Podes seguir a unha persoa vendo como atravesa a paisaxe, ou sacarte fotos a tí mesmo volvendo a cámara cara o teu rostro, por exemplo.
Xoguetea co Stop Motion: O Stop Motion é unha técnica que consiste en animar mediante o cambio de posicións dun fotograma a outro. Podería decirse que o Photomotion é unha especia de irmán pequeno do Stop Motion. Non teñas medo de introducir elementos animados na túa película.
¡Saca moitas fotos!: Lembra, tes que facer moitas, moitas fotos. 100 fotos equivalen a entre 4 e 6 segundos de película. Así que ¡leva a tarxeta baleira!
Exemplos:
Denver to Singapore (and back) in 5 minutes from David DAngelo on Vimeo.